Os labradores honrados
d’aldea de Santalla,
p’ra sin paos facer a malla
ordenaron de comprar,
unha cousa aquí non vista
que da muy bon resultado
que vos direi de contado
e a máquina de mallar.
O día qu’a estrenaron
foi unha tarde chovendo
a fatos viña correndo
xente de tod’orredor.
E dixo un veyo curioso
logo qu’a estuvo mirando:
! o mundo vais’acabando,
veñame o Noso Señor¡.
D’o qu’ahora tamos vendo
eu nun tou muy convencido,
t’ará un home escondido
dentro nun hay que dudar,
t’ara con un bon fungueiro
dando paos a brazo libre,
porque senón, ! imposible¡,
¿ cómo había de mallar ?.
O veyo dando mil voltas
foi xunto do maquinista
e pidiye, llimpiando a vista,
que ye deixase mirar.
Si señor, mire o que queira,
dixoye este a o momento,
o veyo meteo a cabeza dentro
e nun a puido sacar.
Berraba canto podía.
! Tirade por mín veciños
que me quedo sin fuciños ¡
Tirou por el unha veya
e no chao cayeo deitado,
e logo que tuvo levantado
d’esta manera berrou:
Fun sacristán muitos anos
e fun a misiña a diario
e nunca tal me pasou,
sei qu’o demo s’empeñou
en deixarme escalabrado.
(Texto anónimo que suele recitar magistralmente mi tio Rubén Martinez)

